"Debemos huir de la idea de autocomplacencia que pueda asociarse al acto solidario y centrarnos en el hecho desesperado de aquellas personas que lo necesitan para sobrevivir." T.S.
SOLIDARIDAD - التضامن - solidariteit - салідарнасць - solidarnost - solidareco - סולידריות - solidaarsus - undod - همبستگی - solidaarisuus solidarité - Zumunci - پيوستون - szolidaritáson - solidarity - dlúthpháirtíochta - samstöðu - solidaritāte - solidarumas - αλληλεγγύης - solidarjetà solidarność - solidarităţii - mshikamano - pagkakaisa - เป็น น้ำหนึ่งใจเดียวกัน - dayanışma - solidaritat - סאָלידאַרישקייט - SOLIDARIEDADE

22.2.12

Os premios "Goya” ou as rebaixas de primavera do "Corte Inglés"

Temos un problema con esta gala, estou seguro. Pode ser pola crise, ó mellor as cadeas de televisión precisan ter unha boa audiencia, o motivo prefiro non sabelo. O que é certo é que os “Goya” estanse a converter nun anuncio moi longo e de cinematográfico non ten nada, máis ben é un pouco aburrido.
- Ei periodista número un, escribimos unha noticia sobre as peliculas que van os “Goya”? -Quita oh, iso xa o fará alguén, periodista número dous. Nós mellor facemos unha sobre os traxes e vestidos que levan os actores. -Qué parvada! Digo eu que a xente lle interesará, non sei, de que tratan as películas, quen actúa en cada unha delas, cousas desas. -A xente non sabe tan sequera quen é Goya! Pero ti, non ves que traballada está a apariencia destes actores? Haberá que falar diso. E que me dis da media hora que pasan na alfombra vermella? Alí non mostran as súas películas, senón as súas coxas!
Este diálogo era ficticio –creo-, pero ben podía ser a conversa que tivo lugar, en todos e cada un dos medios de comunicación deste país, xusto despois da cerimonia. É certo, se buscas nos xornais dixitais encontrarás o mesmo número de noticias sobre as películas da gala, que da vestimenta dos protagonistas, anécdotas superfluas e incluso –redoble de tambores- os seus peiteados! É o que vende, non lle podemos botar a culpa ós periodistas, ou ó carácter dos premios “Goya”, se se fan estes productos é porque alguén os consume, e ese alguén é toda, ou a meirande parte, da poboación.
Non damos para máis, é triste pero, volvo a dicir, é certo. É o que a sociedade reclama e consume: un libro, toleaches?; unha película?, dame unha americanada que senón me aburro; un pouco de televisión e ropa para gastar cartos? Perfecto! Se a sociedade necesita ou cree necesitar algo, os serviciais empresarios danllo, e contan coa axuda dos medios de comunicación para aseguarse de que lle chega.
Os Goya son únicamente un exemplo deste proceso, aínda que hai moitísimos máis, pero este entristéceme moito máis ca ningún outro. O motivo é que estase a empregar unha arte como é o cine con fines puramente comerciais. Aínda que non é nada novo, abundan os comerciais incluso dentro das películas, é o que ten o arte de masas. Eu o vexo como unha das peores cosas que podía facer a perversa mente humana , significa empregar o arte, medio de expresión dos máis profundos sentimentos dende tempos inmemoriais, para facer cartos. A ambición e o materialismo humano non ten límites nin escrúpulos, xa non importan a trascendencia e o valor espiritual, dentro de pouco veremos á Gioconda anunciando compresas, ese sorriso esconde unha comodidade nunca antes vista!

Cargando...