A Coruña, 15 de maio de 2009
Querida Besmeh:
Xa sei que hai moito tempo que saín da casa e que seguramente esteas enfadada porque non te escribín ata hoxe. Tamén sei que te prometín facelo, pero non tiven tempo nin diñeiro. A vida aquí non é tan doada como imaxinaba. En primeiro lugar, a viaxe foi un verdadeiro inferno naquela barquiña de madeira podrida, coa oleaxe volcándoa a cada pouco; non chegamos nen a metade dos que saíramos. Ademais, o calvario continuou nada máis pisar terra, xa que tivemos que saír correndo para fuxir da policía, porque ao seren ilegais devolvíannos ó país. Tras conseguir evitalos, caín desfalecido polo esforzo e a fame e, cando espertei, atopeime nun camión con outros sete inmigrantes senegaleses e rodeados de froita. Estivemos unhas doce horas metidos aí dentro e, cando saímos, nos dividiron en dous grupos. Ó meu leváronno a un piso céntrico onde xa había outros sete inmigrantes. Déronnos un pouco de pan e algo de auga para comer e despois me levaron a unha rúa adoquinada e con edificios vellos. Alí quedei cun dos conductores do camión. El explicoume o que debía facer se quería poder comer e gañar algúns cartos: tiña que traballar no chamado “top manta” vendendo CDs. Iso é o que levo a facer nestes últimos sete meses, e aquí mándoche os poucos cartos que aforrei. Xa sei que non son moitos, pero son máis dos que conseguía alí co meu antigo traballo. Desexo que che sirvan para poder manter ós nosos fillos e para poder darlles unha boa vida.
Bótovos moitísimo de menos, sobre todo a ti, meu amor. Boto de menos os teus aloumiños, os teus bicos, as túas verbas... Xúroche que vou aforrar todo o posible para que podades vir, estou desexando vervos, non podo aguantar máis así.
Bicos do teu amor eterno,
Mohamed
3 comentarios:
Grazas por compartir de forma orixinal a túa reflexión para comprendermos mellor aos inmigrantes na súa relación cos que deixan "aló"
Mejor expresado imposible
Juanjo
Este texto representa todo lo que tienen que dejar atrás los inmigrantes, empezando por la familia. Muy interesante.
Publicar un comentario en la entrada